Crunia Maris


"N'o mar á Cruña ten seu encanto,
Ten a sua groria, ten o seu canto
A lus, a vida todo n'o mar".
Valentín Lamas Carvajal

A provincia da Coruña vive de cara ó mar máis feroz, azoutada incesantemente polos ventos atlánticos, e pracidamente acariñada pola marusía. Aínda quedan nestas terras vestixios da vida dos nosos antergos, os primeiros habitantes dunha terra chea de vieiros abertos ó mar. Na Coruña podemos atopar a costa máis atroz e asasina de Galicia, a Costa da Morte, situada no extremo occidental do continente. Cara ó sur, as rías comezan a transformarse cun clima máis apacible e un mar menos salvaxe. O interior da provincia, atravesado por importantes ríos como o Xallas, o Tambre ou o Ulla, amosa a cara máis rural, exceptuando a monumental Santiago de Compostela, capital do País. Vilas históricas de gran importancia son a militar cidade de Ferrol, Betanzos dos Cabaleiros, ou Noia, Porto de Compostela. Cara ó norte, a costa vai substituindo o granito pola lousa da Mariña, na antiga Britonia medieval, fogar dos cantís máis altos e feros de Europa, e onde o fero Atlántico deixa paso ó Mar Cantábrico.

15 de Abril do 2018
O mosteiro beneditino de San Antolín de Toques
"San Antolín é un santuario prerrománico erixido arredor do século X nun paradisíaco recuncho da parroquia da Capela, no concello de coruñés de Toques, ca fin de albergar unha pequena comunidade monástica da Orde Beneditina"
1 de Setembro do 2017
As vellas pantasmas da Finca do Espiño
"Nunha belida paraxe do serpeante curso do Sarela, as pantasmas da Finca do Espiño convidan ás almas máis inxenuas a transitaren polos soños cumpridos e as esquecidas vivencias dos que liscaron para non volver"
14 de Maio do 2017
O lar dos marqueses de Santa Cruz de Ribadulla
"En Santa Cruz de Ribadulla localízase un dos máis senlleiros pazos galegos, onde conviven especies exóticas i heteroxéneas, como fieitos australianos, tulipáns de Virxinia, palmeiras de Washingtonia, magnolias, criptomerias e as súas verdadeiras xoias; as camelias"
14 de Maio do 2017
As pombas muiñeiras de Santa Margarida
"O de Santa Margarida é o único muíño de vento que se conserva na cidade, a derradeira testemuña destas pequenas construcións de indubidable importancia na historia desta urbe atlántica"
15 de Marzo do 2017
O vello faro da Ría de Corcubión
"Tras deste facho albiscamos unha das meirandes panorámicas da miña amada Fisterra, outra das facianas máis impoñentes deste milenario olimpo de pedra, deste derradeiro treito de terra, desta xigantesca besta adormecida que resiste impoñente a ferocidade do mar"
24 de Xaneiro do 2017
Renace das súas cinzas o Castro da Cidá
"Este poboado castrexo, que conta con máis de 2.500 anos de historia, localízase sobre dun cumio dende o que se albisca unha impresionante panorámica do Parque Natural das Dunas de Corrubedo e da entrada da Ría de Arousa"
17 de Xaneiro do 2017
Os gravados do Outeiro do Filladuiro
"Este pasado outono apoderármonos dos ardentes raios do crepúsculo para sacar á luz as laxes escritas polos nosos máis remotos devanceiros. Ascendemos de novo os outeiros, “polos carreiros do monte d'Alén, nas ladeiras e nas beiras dos regueiros”, para achar outra laxe escrita carnotá"
6 de Xaneiro do 2017
As sombras do Faro de Corrubedo
"Interneime paseniño neste pequeno e pintoresco núcleo de poboación ribeirán camiño do Faro do Cabo de Corrubedo, un senlleiro facho galego que ceiba os seus intermitentes sinais de advertencia neste treito atlántico dende o que se albisca o carrusel de luces dos faros das Illas Cíes e do Cabo Fisterra"
24 de Outubro do 2016
As gárgolas de Compostela
"Das cornixas do gris e bretemoso ceo da cidade sacra das sombras seculares, penduran as máis estrañas criaturas, os canos de fría pedra que vomitan cada inverno dende as alturas as augas que reven das teitumes dos templos máis solemnes da cidade"
12 de Outubro do 2016
O Santuario da Nosa Señora da Barca
"Aquela tarde solleira e calorosa internaríame no núcleo urbano do concello coruñés de Muxía para contemplar a súa meirande xoia, o Santuario da Nosa Señora da Barca, un dos templos máis coñecidos e senlleiros do noso país"
17 de Setembro do 2016
O esquecido Castelo do Cardeal
"Dende pequeno sempre escoitara falar dun castelo perdido na costa de Corcubión, coñecido como o Castelo do Cardeal, mais que pola súa desapercibida localización ou por simple descoñecemento, nunca denantes tivera a oportunidade de visitar e coñecer"
29 de Agosto do 2016
Capelas de Compostela
"As capelas de Compostela, - unha vintena de pequenas e sacras igrexas que súan centurias e lendas, que fumegan historia, incenso e crenzas -, son as pedras miúdas que conforman e completan esta histórica, artística e granítica améndoa, esta Compostela máxica e monumental, esta cidade sacra, milenaria, universal"
22 de Agosto do 2016
Compostela Agónica
"Hai unha Compostela agónica que precisa volver a florecer, coma os centos de flores das viúvas na morna primavera, como as anduriñas que aniñan baixo das quenllas, coma unha nova oportunidade para afastarse da decadencia, da agonía, e comezar de novo a vivir" 
10 de Xullo do 2016
Compostela Monumental
"Detívenme a ollar en silencio a súa grandeza nas fontes, nos soportais e nas prazas, na multitude de rúas que se abrazan nesta pétrea e misteriosa capital, nesta améndoa histórica, lendaria e tristeira, nesta meiga e fascinante Compostela Monumental"
2 de Xuño do 2016
O faro muradán de Rebordiño
"Este facho muradán, coñecido como o Faro de Rebordiño, localízase na punta homónima, no extremo norte da Ría de Muros e Noia, a un quilómetro escaso do centro desta histórica vila de arcos e soportais, baixo os que antano se pousaban as gamelas, e a carón da estrada comarcal que a une coa veciña vila de Carnota"
21 de Maio do 2016
Os corvos do facho de Touriñán
"Desta volta achegaríame até o Cabo Touriñán, no Concello de Muxía, para tratar de coñecer polo miúdo a historia “do facho de Touriñán”, localizado nun dos puntos máis occidentais do noso país, da Península Ibérica e do vello continente europeo" 
20 de Maio do 2016
Torre de Celas, legado da Casa dos Andrade
"Todo semella indicar que esta sería a Torre da Homenaxe da antiga Fortaleza de Vinseira, un pazo fortificado erixido entrámbolos séculos XIII e XIV pola todopoderosa Casa dos Andrade"
15 de Maio do 2016
Castelo da Nogueirosa, o Alcázar dos Andrade
"Andabamos na procura do Castelo dos Andrade, tamén coñecido como o Castelo da Nogueirosa e nos seus mellores tempos como o “Castelo da Fame” e o “Alcázar dos Andrade"
14 de Maio do 2016
O impoñente Torreón dos Andrade
"Este Torreón, mandado erixir por Fernán Pérez de Andrade, alcumado “O Boo”, no século XIV, é o único que queda en pé do antigo pazo dos Andrade, derrubado pra sempre no ano 1935. Nada tería sido o mesmo nesta vila de non ser por esta torre"
23 de Abril do 2016
A histórica e fronteiriza Ponte Abea
"Desta volta achegaríame até a senlleira Ponte Abea, unha impoñente ponte medieval que se ergue sobre do leito do Ulla e que une as provincias de A Coruña e Pontevedra e os concellos de Teo e A Estrada"
19 de Marzo do 2016
Os tesouros do Castro de Elviña
"Estaba ante o senlleiro Castro de Elviña, ante unha das máis coñecidas cidadelas castrexas do chan galiciano. Este castro coruñés, declarado Monumento Histórico Artístico no ano 1962, comezaría a ser estudado i escavado na década dos anos 40"
5 de Marzo do 2016
A Torre de Xunqueiras e os estíos de Valle-Inclán
"Levaba tempo escoitando falar dunha fortaleza coñecida nos nosos días como a Torre de Xunqueiras, localizada no Concello da Pobra do Caramiñal. O pouco que coñecía dela era que estaba estreitamente ligada á figura de Ramón María del Valle-Inclán"
3 de Marzo do 2016
Os ollos de Compostela
"Hai unha morea de almas petrificadas que vixían cada día e cada noite, dende os máis históricos e monumentais edificios, a encrucillada de rúas graníticas que conforman a vella capital, o pétreo e frío corazón do matriarcado"
27 de Febreiro do 2016
A lendaria Ermida de San Guillerme
"Hai recunchos neste noso país que, ben sexa polo seu emprazamento, pola enerxía que emana da súa terra ou polo máis incomprensible capricho do destino, foron dende as orixes da nosa historia recantos máxicos e atraentes, templos e aras sacras onde invocar ós deuses"
27 de Febreiro do 2016
A Fervenza das Hortas e as augas de Saímes
"Aló polas  terras do Comarca de Arzúa, onde fai uns anos tivera a oportunidade de coñecer a Fervenza de Mince, procuraría desta volta unha fervenza realmente monumental e impresionante que se localiza no lugar das Hortas, entre os concellos de Touro e Arzúa"
27 de Febreiro do 2016
As lendarias Torres de Mens
"Estas Torres de Mens, esta fortaleza erixida no século XV por Lope Sánchez de Moscoso sobre doutro castelo anterior pouco despois das Revoltas Irmandiñas, componse dunha vivenda e tres torres de planta cuadrangular carentes de ameas e arrodeadas por un recinto amurallado"
24 de Febreiro do 2016
Cabo Fisterra, proa do chan galiciano
"Que podo dicir que non saibades xa da vila que me veu nacer, do meu prácido berce de salitre e marusías, do pequeno e lendario universo da miña infancia. Non me ha resultar doado explicar dun xeito obxectivo o que representa este Promontorium Nerium nin cal é a maxia que eiquí se mestura para enfeitizar a todo aquel que o visita"
23 de Febreiro do 2016
Ponte Ledesma, vieiro sobre do Río Ulla
"Entre as comarcas do Deza e Santiago hai un vieiro que une dúas parroquias, dous concellos e até dúas provincias, un antigo sendeiro de pedra labrada que dende antano ousa desafiar e resistir a forza das augas do Ulla"
13 de Febreiro do 2016
Faro de Lariño, sentinela carnotá
"O edificio do Faro de Lariño preséntase nos nosos días baleiro, pechado e nun lixeiro estado de abandono. Nembargantes, a súa branca e vermella luz intermitente, que acada as 20 millas náuticas, segue a alumear cada noite este pequeno recuncho de costa carnotán"
11 de Febreiro do 2016
A bergantiñá Torre de Nogueira
"Aló polas terras de Coristanco procurei unha histórica torre que formaba parte dun antigo pazo erixido pola familia Bermúdez de Castro aló polo século XV no couto de Nogueira, na parroquia de San Mamede de Seavia"
7 de Febreiro do 2016
A torre e a capela da Nosa Señora do Faro
"Aló polos costeiros montes de Ponteceso, nas máis salitrosas e cantareiras terras de Bergantiños, tiven oportunidade de coñecer outro senlleiro santuario galego que desta volta se distingue por posuír unha monumental torre cilíndrica, coñecida como a Torre do Faro"
21 de Xaneiro do 2016
O Pan de Carral e os Mártires da Liberdade
"Se por algo se distingue esta localidade coruñesa de Carral, amais de pola lenda negra que leva sobre das costas dende o fatídico 1846, é por ser unha das máis históricas e senlleiras vilas panadeiras do noso país"
19 de Xaneiro do 2016
O cabazo muxián de San Martiño de Ozón
"Sentín a necesidade de coñecer un enorme cabazo do século XVIII que posúe 22 pares de pés, uns 27 metros de lonxitude, e que se localiza na parroquia muxiá de San Martiño de Ozón"
6 de Xaneiro do 2016
Os trazos da Laxe Escrita
"Amais dos típicos círculos concéntricos e coviñas, na Laxe Escrita poden apreciarse representacións cruciformes de difícil interpretación e unha serie de trazos rectos que semellan representar, de xeito claro i evidente, un conxunto de navíos" 
8 de Decembro de 2015
De Herbón, os seus pementos
"Este convento é o berce ou a orixe da expansión dos pementos de Herbón polo noso territorio e tamén fóra del, contribuíndo a situar a esta vila padronesa no máis alto do panorama gastronómico nacional e internacional"
26 de Novembro de 2015
O azar e os Hórreos da Lavandeira
"O destino quixo poñer diante de min os Hórreos da Lavandeira, un importantísimo conxunto etnográfico composto por un total de once construcións  do tipo "Noia" que datan do século XVIII e das cales non tiña ningunha referencia"
18 de Novembro de 2015
A Pedra Moura de Aldemunde
"Estoutro importantísimo megálito bergantiñán, estoutra xoia ancestral da Costa da Morte, localízase na parte alta de Aldemunde, a carón dun pequeno e verdescente prado"
17 de Novembro de 2015
A cantareira Férveda de San Paio
"Cantareira terra de Bergantiños, aínda se escoitan nestes seus camiños regueifas de augas socalcadas, o acompasado estrondo d’outrora, as voces xa finadas"
5 de Novembro de 2015
O Dolmen do Forno dos Mouros
"Un bo amigo contoume que aló polos montes da Serra do Bocelo, nos límites fronteirizos dos concellos de Toques e de Sobrado, achara fai anos un impresionante monumento megalítico coñecido como o Forno dos Mouros que conservaba pinturas rupestres de formas serpeantes"
29 de Outubro de 2015
O corredor milenario da Arca do Rabós
"A Arca do Rabós localízase ó norte da Pedra da Arca, nunha extensa necrópole megalítica que coma un micelio xigantesco se estende de leste a oeste pola parroquia de San Antoniño de Baíñas, poida que seguindo algún remoto vieiro de paso"
13 de Setembro de 2015
O Serpent e o Cemiterio dos Ingleses
"Corría o ano 1890 cando o Serpent, un buque da coroa británica con máis de 170 tripulantes, naufragou na Costa da Morte, de fronte ó Cabo Vilán. Foron moitos os barcos afundidos nestas augas, mais este foi un dos que máis conmocionou ós veciños"
13 de Setembro de 2015
Os Muíños dos confíns da terra
"Tiña un especial interese en recuperar un dos artigos daquel humilde Boletín “KM. 0”, concretamente o que realicei logo de percorrer boa parte da xeografía fisterrá na procura dos máis esquecidos muíños da miña vila natal"
27 de Xuño de 2015
O Muíño de Mareas do Pozo de Cachón
"Corría unha cálida e chuviosa tarde primaveral cando procurei, nos arredores de Muros, un dos muíños de mareas máis senlleiros do noso país; o do Pozo de Cachón" 
20 de Xuño de 2015
Rumbo a Sálvora
"Poucas veces na miña vida tiven a sorte de coñecer un lugar tan salvaxe, lendario e fermoso como Sálvora. Poucos lugares desta nosa Galiza me deixaron tan impresionado como este pequeno arquipélago que conforma o horizonte de Aguiño e que se enmarca no Parque Nacional das Illas Atlánticas e no LIC “Complexo Húmido de Corrubedo”
24 de Maio de 2015
As máxicas pozas do Río Pedras
"É un auténtico pracer refrescarse nestes valiosísimos recunchos naturais sen medo a sermos arrastrados polas correntes. É por iso que decidimos achegarnos até a Pobra do Caramiñal para procurar, desta volta, as senlleiras Pozas do Río Pedras"
23 de Maio de 2015
A branca saba d'auga do Cadarnoxo
"Achamos a Fervenza do Cadarnoxo, que nace no Iroite, no cumio máis alto da Serra do Barbanza e a uns escasos 700 metros de altitude sobre do nivel do mar, a carón dunha estrada comarcal que une os concellos de Boiro e Noia á altura do lugar de Moimenta"
8 de Abril de 2015
O tinguilear das palilleiras de Camariñas
"Os coñecementos desta centenaria arte foron transmitidos xeración tras xeración nos humildes fogares desta fermosa vila mariñeira. Eiquí palillan dende os anciáns ata os máis cativos, mais adoitan ser as mulleres as que continúan a manter aceso este importante legado artístico e cultural"
20 de Marzo de 2015
O iriense Pedrón de Padrón
"O Pedrón que deu nome a esta vila de excelsos escritores, o lendario petón que marcaría a chegada a Galiza do corpo de Santiago e o comezo das peregrinacións a Compostela, localízase baixo o altar da Igrexa de Santiago de Padrón, a carón mesmo do Río Sar".
8 de Marzo de 2015
O Muíño de Mareas de Cereixo
"Este muíño de mareas de Cereixo, segundo semella indicar un vello pergamiño, sería construído no ano  1.679, e pertencía á estirpe dos Moscoso e Altamira, que dominaron estas terras desde finais da Idade Media ata o primeiro terzo do século XIX"
4 de Febreiro de 2015
As laudas medievais de Santa María A Nova
"Se fai cousa duns meses, os misterios da morte chamaban por min e me achegaban até os milenarios esteos de Anta de Argalo, pouco tempo despois regresarían para facerme retornar até a vila de Noia e obrigarme a coñecer as pétreas laudas sepulcrais que atesoura a Igrexa de Santa María A Nova"
24 de Xaneiro de 2015
Os costeiros Muíños de Ardeleiro
"Poucas veces na miña vida tiven a oportunidade de coñecer un lugar tan singular coma este de Ardeleiro. Ás veces adoitamos asociar os tradicionais muíños a contornas do interior, i en moi contadas ocasións temos a oportunidade de velos arrodeados dunha paraxe puramente costeira; atlántica"
19 de Xaneiro de 2015
O dolmen malpicán de Pedra da Arca
"Achegámonos paseniño até aquelas laxes, impoñentes e milenarias, realmente abraiados e sorprendidos. O primeiro que nos chamou a atención foi o enorme tamaño dos esteos, e do conxunto en si, xa que nos resultara bastante máis impresionante do que inicialmente pensabamos"
17 de Xaneiro de 2015
Araño, o meirande hórreo do noso país
"O lugar de Traba, pertencente á parroquia rianxeira de Santa Baia do Araño, pode gabarse de posuír o meirande hórreo deste noso humilde, xeneroso e labrego país; superando os senlleiros cabazos carnotáns de Lira e Santa Columba"
15 de Xaneiro de 2015
O Descravo do singular Cruceiro de Cirolán
"Ollei cada un dos detalles, cada un dos ocos ou baleiros que foron traballados cunha excelsa habelencia e coidado, cun mimo e cunha sutileza somentes comparable coa depositada en  cruceiros tan maxestosos como os de Eiroa e de Hío"
21 de Decembro de 2014
A inspiradora serea da Capela do Patrocinio
"Desta volta procuraba un escudo onde se representa unha pétrea serea que puido ser toda unha fonte de inspiración para Castelao á hora de debuxar a súa proposta para o escudo da Galiza no que, como todos sabemos, representou a unha loira serea soportando un escudo que reza: “Denantes mortos que escravos”
13 de Decembro de 2014
Moraime, o mosteiro da Costa da Morte
"A fundación do Mosteiro de Moraime data do século XI, e pertenceu á orde de San Bieito. As primeiras doazóns seríanlle concedidas ó mosteiro de mans da estirpe dos Condes de Traba. Tamén recibiría posteriormente doazóns do rei Fernando II de León, e a axuda do rei Afonso VII de Castela"
22 de Novembro de 2014
Sobre dos cantís de Punta Candieira
"O último recanto que coñecemos na curta pero intensa viaxe que fixeramos o meu bo amigo Samuel e máis eu á Ferrolterra e ás impresionantes faldras da Serra da Capelada, sería a punta e faro da Candieira, un lugar que nos deixaría francamente sorprendidos"
18 de Novembro de 2014
As armas de Pedra Ancha
"A de Pedra Ancha é unha das estacións rupestres máis interesantes do chan galiciano pola variedade dos seus motivos, as armas, e pola nula presenza desta iconografía nestas terras da Costa da Morte"
15 de Novembro de 2014
O Sanatorio de tuberculosos do Paraxón
"Este pasado mes de setembro interneime por antr’os montes do concello coruñés de Cesuras para, xunto cos meus amigos Óscar e Damián, procurar as antigas ruínas dun gran edificio sanatorio que fica localizado na Parroquia de San Mamede de Bragade, e máis concretamente, no Lugar do Paraxón"
15 de Novembro de 2014
A maxestosa Fervenza do Belelle
"Andabamos na procura da Fervenza do Río Belelle, un impresionante salto de auga que fica acubillado nunha contorna de gran valor natural e paisaxístico conformada polo Belelle; unha das meirandes fervenzas desta nosa terra. Este paradisíaco recuncho atópase moi preto do Parque Natural das Fragas do Eume"
8 de Novembro de 2014
Os cervos do rianxeiro Petróglifo dos Mouchos
"Fai cousa dun par de meses viaxei cara Rianxo para tratar de achar algún dos seus máis senlleiros petróglifos onde contemplar cervos gravados en frías e humedecidas pedras, que semellan sobrevivir dende miles de anos atrás por antr’os seus montes"
11 de Outubro de 2014
A fortaleza compostelá de Rocha Forte
"Esta fortaleza foi erixida no 1240 polo bispo Xoán Arias, mais inicialmente con fins residenciais. Co tempo, a inicial residencia arcebispal funcionaría tamén como centro administrativo e aduana denantes de ser derrubado polos irmandiños"
25 de Setembro de 2014
O petouto tordoiés de Pedra Longa
"Estabamos ante un gran penedo, unha formación rochosa de enormes dimensións coñecida como Pedra Longa. Achegámonos ata ela paseniño, ollándoa de arriba a abaixo. Ficamos realmente impresionados"
25 de Setembro de 2014
A alongada cabaceira de Lira
"Esta cabaceira de Santa María de Lira, de estilo fisterrán, foi erixida entrámbolos anos 1779 e 1814, en competencia coa da parroquia de Santa Columba, no Concello de Carnota"
24 de Setembro de 2014
O esquecido Dolmen de Cabaleiros
"Este dolmen, polo seu excelente estado de conservación, é un dos mellores exemplos da arquitectura funeraria do Neolítico no noroeste peninsular. Localízase na parroquia de San Xián de Cabaleiros, no Concello de Tordoia" 
23 de Setembro de 2014
Lagoa da Frouxeira, refuxio de aves viaxeiras
"Nesta lagoa, neste recanto de augas transparentes, adoitan descansar, ano tras ano, numerosas aves migratorias. Eiquí deben atopar a paz, a protección e o alimento necesario pra seguiren a súa instintiva viaxe até os máis afastados e descoñecidos confíns"
6 de Setembro de 2014
O moderno Faro de Punta Frouxeira
"Este faro branquiazul, que se sitúa a máis de 90 metros sobre do nivel do mar, é totalmente automático i está controlado remotamente dende o mesmo día que entrou en funcionamento. E non resulta estraño, pois é un dos faros máis novos do noso país"
31 de Agosto de 2014
As esquecidas batallas do Castelo de Naraío
"Achamos o castelo como pensabamos, abandonado i en ruínas. Crese que leva abandonado dende o ano 1609, mais a partires do 1994 sería declarado Ben de Interese Cultural. Internámonos no castelo paseniño, ollando dende o alto o curso do Castro".
29 de Agosto de 2014
Retorno ós cantís da Serra da Capelada
"Retornamos até as terras dos confíns do norte galaico, retornamos até os máis elevados cantís da vella Europa, para volver a percorrer esta serra que abrangue os concellos coruñeses de Cariño, Cedeira e Ortigueira". 
8 de Agosto de 2014
Xentes de Compostela
"Aínda lembro aqueles primeiros e fríos días nos que comezaba a descubrir esta antiga e granítica cidade, as súas húmidas rúas e os seus máxicos segredos. A pesares de ter transitado a cotío en soidade polas rúas desta cidade, debo admitir que nunca me sentín so". 
6 de Agosto de 2014
O Rego de Arcos e a Fervenza da Nuveira
"Á fin estabamos ante a fermosa e descoñecida Fervenza da Nuveira, ante as axitadas augas do Rego de Arcos. Resulta incrible contemplar a cortina de branca escuma que esvara e se esvaece sobre dos encarnados e graníticos petoutos".
27 de Xullo de 2014
A misteriosa Pedra da Serpe cormelá
"Achamos esta pedras, e a súa cruz, a carón da estrada e nun cruce de camiños. Detivémonos a carón desta misteriosa rocha e achegámonos ata ela paseniño, ollando cada unha das curvas, cada un dos sucos que semellan revelar unha serpe alada. Estabamos ante o máis histórico e senlleiro monumento desta vila, e ant’outra crus cormelá que recorda, desta volta, a loita da Igrexa Católica por cristianizar antigos lugares de culto e crenzas pagás".
5 de Xuño de 2014
A Ermida da Virxe do Porto
"A Ermida da Virxe do Porto fica sobre dun pequeno illote na beiramar, acariñado i azoutado polas mareas, rabuñado pola furia indomable do Atlántico. A esta fermosa capela somentes podemos achegarnos coa marea baixa, pois cando esta sube, a ermida convértese en illa e afástase do mundo terreal".
27 de Maio de 2014
O silencio da Arnela do Porto do Son
"Esta praia localízase no lugar de A Arnela, na parroquia de Baroña, na Ría de Muros e Noia. Detívenme a carón desta Arnela do Porto do Son co fin de esquecerme por un intre do itinerario marcado, da fría folla de ruta".
15 de Maio de 2014
As misteriosas ruínas de Santa Baia de Chacín
"Ante min tiña un pequeno santuario co teito parcialmente derrubado e asolagado polas hedras e silveiras. Á dereita puiden albiscar tamén as cruces do camposanto". 
28 de Abril de 2014
Rostro, onde remanecen as lendas naufragadas
"Os duros e sucesivos temporais acaecidos na nosa costa durante esta pasada invernía fixeron que boa parte da area da praia fose devorada polo mar, poñendo ó descuberto a estrutura dun antigo barco de vapor portugués afundido en Rostro no inverno de 1927"
18 de Abril de 2014
Os dolmens da Serra do Barbanza
"Pretendiamos percorrer e visitar a meirande concentración de dolmens achados polas terras do Barbanza; as derradeiras antas espidas dos cadaleitos máis primitivos. Para dar con eles tivemos que dirixirnos até o Concello de Boiro e comezar a ascensión até Sabuceda".
7 de Abril de 2014
Muíño Grande, a antiga factoría de Xuvia
"O Muíño Grande localízase no núcleo orixinal da antiga poboación de Xuvia, un concello independente que foi absorbido no ano 1837 coa constitución do Concello de Narón. Estas terras tiveron dende antano unha gran actividade industrial". 
25 de Marzo de 2014
O castro costeiro de Achadizo
"Estes son os derradeiros muros do antigo poboado castrexo da Idade do Ferro, habitado entrámbolos séculos VI e II denantes de Cristo. Nos nosos días somentes se conservan estes escasos muros, esta pequena mostra".
23 de Marzo de 2014
Os milenarios gravados de Pedra das Cabras
"Na parroquia de San Pedro de Palmeira, e máis concretamente no lugar de Figueirido, localízase o petróglifo de Pedra das Cabras, unha das máis importantes e prezadas mostras da arte rupestre que atesoura esta Serra do Barbanza e un dos máis senlleiros gravados do noso país". 
7 de Marzo de 2014
A Ponte Vella do Río Sieira
"Fiquei ante a Ponte Vella, ollando cada unha das pezas graníticas que a conforman. Canta arte, canta precisión, canta mestría, garda cada unha destas pedras".
4 de Marzo de 2014
Os Castros de Neixón e os negocios de ultramar
"Viaxei cara a afiada Península de Neixón, cara o Centro Arqueolóxico do Barbanza, con ganas de perderme noutro castro mariñeiro, con ganas de ollar o mar coma hai anos fixera no veciño asentamento de Baroña ou no de Fazouro, na mesmísima Mariña galega".
2 de Marzo de 2014
Os cervos do Monte da Gurita
"Os gravados de A Gurita I localízanse no tramo superior da ladeira meridional do Monte da Gurita. Esta é unha das estacións de arte rupestre con figuras zoomorfas máis valiosas e interesantes que atesoura o noso país". 
19 de Febreiro de 2014
Anta de Argalo, anhelo de poetas e ilustrados
"Esta Cova da Moura, este Dolmen de Argalo, conseguiu atraer a atención de grandes escritores, historiadores e intelectuais galegos que se achegaron até eiquí para tratar de sacar á luz os segredos, o significado e a historia deste achado milenario nunha Galiza escura, calada, probe e cristianizada".
16 de Febreiro de 2014
Caldeiras do Castro, escenario da miña nenez
"Quixen aproveitar unha solleira tarde de outono para achegarme até un recuncho do concello coruñés de Muxía onde de neno adoitaba pasar coa miña familia e amigos algunha que outra calorosa xornada de verán". 
11 de Febreiro de 2014
A descoñecida Fervenza de Mince
"Ollamos, inmóbiles, os dous impresionantes saltos de auga do Rego de Prevediños. Como diciamos ó comezo, este caudaloso regato, tamén coñecido por estas terras como Rego de Vilapedre ou Rego de Quintás, é un afluente do mesmísimo Río Ulla". 

5 de Febreiro de 2014
O Río Furelos e a Fervenza das Brañas
"A Fervenza das Brañas é un salto de auga polo que baixan as augas do Río Furelos, afluente do Río Ulla. As augas deste río proveñen da unión, nesta parroquia de Brañas, do Rego de Porto Salgueiro e do Rego da Salgueira, que descenden da Serra do Careón".
24 de Xaneiro de 2014
O milagre da Praia dos Cristais
"A Praia dos Cristais fica ateigada de pequenos anacos de vidros brancos, marróns, ámbares, translúcidos e sobre todo verdes, que se mesturan coas cunchas e coas pequenas pedras". 

20 de Xaneiro de 2014
Moeche, berce de Revoltas Irmandiñas
"A historia de Moeche está estreitamente ligada, como non podería ser doutro xeito, ó seu castelo, que é a mostra arquitectónica máis importante e valorosa que conserva. Esta fortaleza medieval, xunto coas de Vilalba e Pontedeume, foi edificada no século XIV polos Andrade"
5 de Xaneiro de 2014
O Pico Sacro, abeiro de lendas e milagres
"Dende a saída da cidade, o solitario Pico Sacro sempre estivo presente no noso horizonte, mostrándonos a súa particular silueta, tan impoñente e maxestosa, tan dura e inquebrantábel. Semella unha inquedanza saber como este penedo puido resistir a erosión, os milenarios azoutes dos ventos e das treboadas".
11 de Decembro de 2013
"Quixemos procurar un dos petróglifos composteláns máis singulares, tanto polas súas características como polo seu nome; A Pedra que fala, un fascinante conxunto de gravados da Idade do Bronce que fican no lugar de Vilar do Rei, na parroquia de Fecha".
25 de Novembro de 2013
A Nave, o achado milenario de Mourigade
"No valado mesmo onde rematan os sucos da branda e traballada terra da leira que nos indicara o veciño, comezarían a albiscarse os sucos traballados en dura rocha polos nosos máis antigos devanceiros".
18 de Outubro de 2013
San Xoán de Caaveiro e as fragas milenarias
"Puxémonos a camiñar a iso das once, i emprendemos a nosa andaina atravesando unha das pontes colgantes sobre do Río Eume. O Parque Natural das Fragas do Eume constitúe a mostra galega máis senlleira dos antigos bosques atlánticos da vella Europa".
11 de Xullo de 2013
A rutilante muxica de Punta Nariga
"Enriba mesmo dos perigosos cantís de Punta Nariga, ollamos como a intermitente muxica do seu faro comezaba a refulxir, agardando o retorno dun sol que nos deixa a escuras cada día".
18 de Xuño de 2013
Casota de Freáns, refuxio milenario de Berdoias
"A escasos metros das chantas de Freáns, o ceo comezou a cuspir as primeiras pingas do que sería unha escura tarde de infindas doiras. Semellaba que o destino quería refuxiarmos baixo a pálida anta deste dolmen milenario".
29 de Maio de 2013
Santa Columba atesoura o máis senlleiro cabazo
"Se por algo destaca este municipio costeiro, non é somentes pola gran cantidade de hórreos que posúe, senón porque posúe os dous máis grandes do País, e por tanto, do mundo".
13 de Maio de 2013
O Mosteiro de Monfero e a teima dos Andrade
"O Mosteiro de Monfero fica nun outeiro arrodeado de montes e fragas, mais as súas dependencias fican baleiras e silenciosas. Esta abadía conta con tres claustros, unha igrexa, portería, baptisterio, refectorio, cociña, capelas laterais e mesmo un scriptorum, onde os abades lían e transcribían documentos".
28 de Abril de 2013
A morte do Xallas nos ermos confíns
"Á fin ollamos de fite a fervenza do Río Xallas e o seu pálido bafo. Deixámonos acariñar polas pingas e a humidade que se desprenden da ruxidoira. Canta auga baixa impetuosa baixo a sombra do Monte Peñafiel, entorno ó que se arremuíñan os feros corvos pondalianos".
1 de Abril de 2013
As estáticas laxes da Fornela dos Mouros
"Acababamos de descubrir outro vello dolmen, mais desta volta, unha xeitosa "cista" que a carón do seu sacro cumio, domina dende o alto o extenso territorio". 
8 de Marzo de 2013
A Espera, na lembranza das viúvas do mar
"Preto das Illas Sisargas e do Roncudo, e a carón mesmo do Faro de Laxe, achamos a espectacular silueta dunha muller que, co seu fillo no regazo, olla con tristeza ese mar que tanto nos dá e tanto nos quita. Ese mar que tanto nos atrae e nos dana".
12 de Febreiro de 2013
O Dolmen de Mina da Parxubeira
"Á fin estabamos a escasos metros dun dos máis incribles megálitos do chan galego, unha xoia con dentes afiados. Nun prado aberto, cercado polos piñeiros e a carón dun pequeno regato, descansa o Dolmen da Mina da Parxubeira, tamén coñecido como Dolmen de Corveira, en referencia ó nome do lugar onde se localiza".
6 de Febreiro de 2013
Os afiados puñais do Castriño de Conxo
"Baixo as derradeiras folliñas do outono, achamos un dos petróglifos máis singulares do País. Un complexo conxunto de armas onde se representan de xeito maioritario, unha serie de coitelas ou alabardas, así como puñais con dobre nervadura".
7 de Xaneiro de 2013
Solpor nos petróglifos do Monte Pedroso
"Nun miradoiro natural, achamos os petróglifos do Pedroso. Os antergos deberon ollar este monte con asombro e admiración. Convertérono nun monte sacro, lugar de antigos cultos esquecidos e rituais prehistóricos que se perden nas brétemas do tempo".
2 de Xaneiro de 2013
Retorno a San Andrés de Teixido
"Ás veces, paga a pena voltar a eses lugares senlleiros, máxicos, e marabillosos que se agochan nos lugares máis auténticos do País. Cumpríanos voltar a un deses encraves con tanta sona e de sobra recoñecidos. Cumpríanos retornar ó Santo Andrés de Teixido"
13 de Decembro de 2012
A factoría de Caneliñas e os cazadores de baleas
"A caza de baleas tivo o seu derradeiro representante peninsular ós pés do rochoso promontorio de Caneliñas, na parroquia da Ameixenda, no concello coruñés de Cée".
26 de Novembro de 2012
Arca da Piosa, leito do heroe Brandomil
"Seguimo-las pistas que nos levan ata o dolmen da Arca da Piosa, unha das necrópoles megalíticas máis importantes do país. Atópase no corazón de Couto Muíño, unha vasta explotación forestal de eucalipto localizada no concello coruñés de Zas".
16 de Novembro de 2012
Os Petróglifos do Monte de Correxíns
"Na faldra occidental do macizo do Pedroso, e dándolle ás costas ó cumio sagrado, achamos un dos mellores petróglifos desta zona. Trátase da estación rupestre do monte de Correxíns, situado na parroquia de Santa María de Figueiras, no mesmo Concello de Santiago".
11 de Novembro de 2012
Os refachos do Nordés no Porto do Pindo
"Os barcos apuntan ó nordeste, e este frío e seco vento impídenos andar. O mar loce un turquesa cristalino, e a superficie das augas comeza a se encrespar. Algunhas chalanas retornan a porto, e depositan no peirao, as nasas, as artes e as capturas".
4 de Outubro de 2012
A Cidá, citania esquecida de Borneiro
"No corazón do concello de Cabana de Bergantiños, concretamente na parroquia de San Xoán de Borneiro, sobrevive un dos vestixios máis senlleiros do chan galego, o Castro da Cidá de Borneiro".
17 de setembro de 2012
A Ponte dos Mouros e o cruceiro de Francos
"A Ponte de Francos, entre os concellos coruñeses de Teo e Brión, segue a resistir o paso do tempo. Os veciños saben que se trata dunha ponte moi antiga, tanto que xa a teñen alcumado como a Ponte dos Mouros, é dicir, a ponte dos antergos".

2 de Setembro de 2012
O Seixo Branco e as furnas ensalitradas
"Na Punta do Seixo Branco quedou ó descuberto unha xigantesca e alongada veta de pórfiro branco que serpea a través da escura rocha dos cantís. Semella procurar o mar coma unha fonte petrificada, namentres milleiros de percebes e mexillóns fican chantados nos pés deste encrave único"
23 de Agosto de 2012
As aves que peteiran na Marisma de Baldaio
"Achegámonos ata un fermoso encrave da costa coruñesa, situado nas plácidas chairas que se estenden dende as faldras dos montes do Concello de Carballo ata as ribeiras mesmas do mar. Estamos a falar das sempre húmidas marismas de Baldaio".
21 de Xullo de 2012
O Cruceiro de Eiroa e a arte dos canteiros
"Achegámonos ata o lugar de Eiroa, na parroquia de Santa Cristina de Barro. Neste lugar, podemos achar unha das xoias máis senlleiras da arte popular galega".

5 de Xullo de 2012
Ponte de Gundián e os canóns do Ulla
"Trátase do viaduto de Gundián, na parroquia de Ponte Ulla, entre os concellos de Vedra e A Estrada; terra de fidalgos e de pazos, de señoríos e camelias. As obras, de gran dificultade técnica, remataron no ano 1958. O resultado foi un viaduto de proporcións e características nunca antes vistas non chan galego".
26 de Xuño de 2012
As praias de Monte Louro e a lagoa de Xalfas
"Contan que esta sinuosa península emerxeu do mar hai máis de dous millóns de anos. Sobre a súa rochosa cortiza, apenas dan medrado as silveiras, e os penedos graníticos relocen ó sol".
17 de Xuño de 2012
O eterno repinicar das campás de Bastavales
"Para atopar Bastavales, somentes se debe seguir o son das súas badaladas. Seguir os latexos incesantes, e deixarse levar pola mesma maxia que debeu sentir tamén a nosa musa Rosalía".

31 de Maio de 2012
Os ergueitos secadoiros de Redes
"Os antepasados destes vellos mariñeiros penduraban ó sol as salitrosas e traballadas redes do xeito. Os secadoiros, cravados directamente no fondo mariño, seguen ergueitos coma antano, ollando de fite os rexos e coloridos lares mariñeiros".
24 de Maio de 2012
A Ponte de Brandomil e as brétemas do Xallas
"O Bardo debeu atravesar a cotío esta rexa e impoñente ponte; e a bo seguro que dende o alto, contemplando a eterna peregrinaxe das augas do Xallas, debeu recrear antigas epopeias que logo el mesmo cantaría".
21 de Maio de 2012
As Torres de Altamira, berce dos Moscoso
"No alto do Val da Mahía, somentes quedan lembranzas entre as ruínas, vellos anacos dunha nobre vida case esquecida. Do antano opulento pazo, somentes queda unha fachada onde aínda se poden ollar as mudas fiestras góticas que xa non sosteñen vidro algún". 
6 de Maio de 2012
O petróglifo muradán de Laxe das Rodas
"Os nosos pasos lévannos ata a pequena e intricada aldea de Taxes. Este solitario pero belido lugar constitúe para nós un punto de partida de cara ó noso obxectivo final, que se agocha nas douradas ladeiras que ollan ó mar, aló nas faldras do outeiro de Eiroa".

1 de Maio de 2012
Pazo de Cotón, a vella fortaleza nicrariense
"A historia desta vila está intimamente vencellada a este Pazo de Cotón, mais as orixes da poboación, remóntanse ó lendario Reino Suevo de Galicia. Coma tantos outros lugares de Galicia, foi destruída polos viquingos normandos, e non sería reedificada ata o 1113 por Afonso de Galicia".
24 de Abril de 2012
As faenas mariñeiras do peirao de Portosín
"Agóirase tormenta no peirao de Portosín, na parroquia sonense de Goiáns. O vento do sur trae consigo os trebóns e axita ás gaivotas, namentres no porto, homes e mulleres remendan as redes mariñeiras que enchen o peirao do fresco arume de salitre".
14 de Abril de 2012
Vila de Bares, porto do norte
"Aquí, no medio destes impetuosos territorios, e recollida nun recuncho que deixa tras de si a vertente oriental da Estaca, atopamos a pequena pero singular vila de Bares. Trátase, nada máis e nada menos, que do porto máis ó norte do chan galiciano, e mesmo de toda a Península Ibérica".
27 de Marzo de 2012
Pedra do Home, sartegos de Portomouro
"Ante nós fica a Pedra do Home, unha xoia histórica traballada na mesma pedra, onde aínda podemos ollar de preto as esquecidas tumbas daqueles antergos que viviron unha dura etapa da nosa longa historia".
10 de Marzo de 2012
As torres da anterga Compostela
"O horizonte arde no solpor da vella capital da Patria. Camiñando polas empedradas ruelas, trato de mesturarme co bafo da cidade, perderme por antre os arcos e debuxar a miña sombra na dourada luz que emiten os ocres farois. Os cristais dos vellos e nobres fogares reflicten os pasos nas sempre transcorridas rúas da anterga e monumental Santiago de Compostela".

25 de Febreiro de 2012
Ponte Maceira, vieiro sobre o Tambre
"A Ponte Maceira foi, dende antano, un importante posto de parada nas vellas rutas que unían a capital coas terras máis extremas. O gran tráfico que tivo que ter naquelas épocas, obrigou a erguer unha maxestosa ponte aló polo século XIII, sobre os pés da antiga ponte romana". 
11 de Febreiro de 2012
Os dolmes do Val da Soneira
"Atravesámo-las saias do fértil Val da Soneira, tralas pisadas dos máis antergos, poboadores ancestrais da nosa terra. Entre os nosos obxectivos atopábase o de procurar esas xoias herdadas dende tempos inmemoriais, para comprender e fitar de preto os vestixios dos antano habitantes dos comezos da historia do noso País".
06 de Xaneiro de 2012
Os muíños de Santo Adrán da Toba
"Nas entrañas deste bosque nacen multitude de regatos, entre os cales o máis destacado é o vello Río das Laxes, hoxe coñecido por Río Toba. Este espléndido regato, é recibido por un chamativo conxunto de muíños ó seu paso pola antiga aldea de Santo Adrán de Toba".

03 de Xaneiro de 2012
O vento que acariña a Duna de Corrubedo
"Este complexo comprende marismas, lagoas, chairas, dunas e outras moitas xoias naturais que só un mesmo pode chegar a descubrir"
22 de Decembro de 2011
Arribamos ó Porto de Compostela
"A silueta dunha esvelta garza sobrevoando as mansas augas da desembocadura do Río Tambre, danos a benvida a Noia; unha vila con moito encanto e historia que fica entre os impresionantes cumios das serras de Outes e do Barbanza".

16 de Decembro de 2011
O Mar de Fóra das augas bravas
"O mar da Costa da Morte ten sona de ser o máis cruel e asasino do país. A lembranza de milleiros de vítimas está sempre presente, coma unha pantasma, en tódolos cantís e furnas do noso litoral, e tamén nos ollos dos vellos lobos mariñeiros"
7 de Decembro de 2011
"O caudal do Río San Xusto acoitela este verxel e nútreo eternamente. Ó seu carón descansan tamén un vello mosteiro, unha igrexa, un pombal e algún que outro muíño"
30 de Novembro de 2011
O liño dos Batáns de Mosquetín 
"Visitámolas terras da Soneira, tralo curso do Río Grande, na busca dun pequeno encrave coñecido coma os Batáns de Mosquetín"
24 de Novembro de 2011
Dolmen de Axeitos, vestixio primitivo
"Esta xoia do neolítico, afincada nas terras do Concello de Ribeira, resístese a desaparecer e loita por ensinarnos a súa pendurada anta e as verticais laxas que o conforman"
18 de Novembro de 2011
Adeus, Cidade da Coruña
"A escasos días da miña inminente fuxida, comezo a pensar nas noites coruñesas e os seus marítimos abrentes, a melancólica visión dende os cristais dunha vella galería ou no impetuoso vento que, coma de costume, azouta o faro máis vello, a Torre de Hércules"
14 de Novembro de 2011
Estaca de Bares, mástil do Norte
"Non podiamos liscar das terras da Mariña Occidental sen pasarnos polo rochoso mástil do Norte, a punta de Estaca de Bares. Este recodo atópase no Concello de Mañón, entre as rías de Ortigueira e O Barqueiro".
10 de Novembro de 2011
O Vento mareiro de Baroña
"Poucos lugares quedan xa coa maxia, historia e natureza que posúe o milenario Castro de Baroña, no municipio coruñés de Porto do Son".
30 de Outubro de 2011
As Torres do Allo
"Inmerso tralos misterios que enfeitizan ás laxas mortuorias nas terras da Soneira, decidín facer un alto no camiño e adentarme polo nobre vieiro que, conducido polas sombras das carballeiras, dá a benvida a un pazo nobre e impoñente; As Torres do Allo, no Concello de Zas".
22 de Xullo de 2010
"O Pazo de Meirás ergueuse a finais do século XIX da man da escritora e Condesa Emilia Pardo Bazán na parroquia de San Martiño de Meirás, no Concello de Sada."
30 de Marzo de 2011
Gaivotas no Rumbo de Sardiñeiro
"As gaivotas, veciñas dos cantís e viaxeiras incansables, buscan paz e sosego nas calmas augas de Sardiñeiro. Donas do Mar Atlántico, viaxan alén do mar. O Rumbo é cousa delas".
22 de Xaneiro de 2009
A Pontedeume dos Andrade
"A mañá esperta adormecida antre a néboa que se adentra polas ribeiras das fragas do Eume, namentres as gaivotas anuncian os menceres no varadoiro de Pontedeume. Os mariñeiros transitan os arredores da ría e o día comeza a espertar".
10 de Maio de 2008
O Cabo Vilán
"É un dos cabos máis agrestes da Costa Galega. Ergueito a 125 metros con respecto ó nivel do mar, mantén unha loita infinda coa ferocidade que caracteriza a este mar da Costa da Morte".
30 de Xuño de 2008
De Camiño a Compostela
"Tocaba pisa-las antergas lousas da sempre húmida Compostela, visita-lo Obradoiro, a Quintana, o Franco ou a sempre fermosa Alameda, onde ollei a Catedral ó caer o dia".
4 de Novembro de 2008
Solpor no Roncudo
"Este pasado mes de outubro deixou fermosos solpores nos horizontes galegos. En Corme, os atardeceres mesturan as cores do ceo coa branca escuma do mar do Roncudo".
22 de Decembro de 2008
Antre os sendeiros das Fragas do Eume
"O vello ano 2008 comeza a finar, namentres nos sendeiros e pontes que acompañan o curso do Eume, o musgo e os liques enferruñan as pedras e enfeitizan os camiños que nos conducen ao Mosteiro de Caaveiro".
28 de Xullo de 2008
O Camelle do Alemán
"De Arou a Camelle, divisando de fite o segredo celta que se plasma nos penedos da Xandriña e as ribeiras de bolos, refuxiámonos entre as mariñeiras rúas da xeitosa e anterga vila de Camelle".
22 de Xullo de 2008
"Vai de morto quen non foi de vivo"
"Esta semana adentrámonos nos fermosos e perigosos cantís que deixa tras de sí a silenciosa Serra da Capelada. De fronte ó mar, agóchase o místico lugar de San Andrés de Teixido".
25 de Agosto de 2008
"Sosego, descanso e paz na vila de Fisterra, no seu foráneo mar e nos meus recordos. A vila que quixo verme medrar e que me ensinou a ferocidade do mar no estado puro".
20 de Xuño de 2008
Entretecido ceo de Verdes
"Este pasado outono quixemos observa-la caída das últimas follas no Refuxio de Verdes, pertencente á Parroquia de Santo Adrán de Verdes, Coristanco".
23 de Xuño de 2010
O vello Mosteiro de Sobrado
"As Terras de Melide agochan un mosteiro que leva acompañado a abondosas xeracións de veciños de Sobrado dos Monxes ó longo da súa historia. Trátase do Mosteiro de Santa María, que viviu tanto momentos álxidos coma adversos, nos dez séculos que dan fe da súa existencia."
7 de Xaneiro de 2009
Luces da Langosteira, Fisterra
"Este ano comezo actualizando coa praia que serve de vieiro para achegarnos ao Finis Terrae e lugar idóneo onde ollar os penedos do Monte Facho, coa súa similitude a dous peitos femininos e como lembranza da lexendaria “Senda do Erotismo”.
28 de Xullo de 2009
O carro do Peirao de Redes
"¡Carriño forte e xeitoso.
meu carriño,
arrolador e mimoso
como o berce dun meniño!"
21 de Novembro de 2008
"A escasos 750 metros de Santo Hadrián, na mariñeira vila de Malpica, érguese o arquipélago da Costa da Morte no Mar dos Ártabros, o linde pétreo das Illas Sisargas".
14 de Abril de 2009
As rúas do vello Betanzos
"Betanzos comeza a súa gloriosa historia en 1465 cando Henrique IV, tamén coñecido como O Impotente, concédelle o título de cidade. A partires de 1480 pasa a formar unha das cinco antigas capitais de provincia galegas".


10 de Xullo de 2009
O Caión salvaxe e mariñeiro
"A beleza de Caión faise perceptible cando comezamos a baixar as súas ladeiras. A panorámica é impresionante; estamos ante a verdadeira porta da Costa da Morte, e polo tanto, aquí comeza a bravura do mar máis cruel".
2 de Maio de 2008
Aló onde remata o mundo...
"Comezo pendurando unha imaxe dende as "pedras acoiteladas" do Monte Facho, xusto enriba do Cabo Fisterra, terra que me viu nacer e que nunca deixou de impresionarme pola fermosura dos seus recantos".
30 de Xullo de 2010
"Botamos a andar na Costa da Égoa ata adentrarnos no sombrío Val de Barcia e seguir o curso do Barcés, o río que flanquexa o impoñente Monte Xalo e que discurre nas vertentes das Travesas e Mesón do Vento".
12 de Decembro de 2008
"Unha vez visitado O Roncudo e as Illas Sisargas, teño a obriga de mostrar o eterno e duro combate do fero mar de Pondal: Punta Nariga".
7 de Abril de 2009
"Corría o ano 1589 cando a Armada Inglesa, baixo o mando do mariño Sir Francis Drake decide atacar a costa da Coruña, saíndo vitoriosos da férrea defensa que exercía o Castelo de San Antón. A derrota herculina provocou [...] a construción doutra fortaleza na illa de Santa Cruz".

21 de Decembro de 2010
"Baixando por San Pedro da Redonda, escoitamos os latexos da vella historia dos Condes de Traba e o seu poderío, mentres que no horizonte comezamos a divisar o fermoso Areal de Quenxe".
4 de Agosto de 2008
"Era inverno e, como é lóxico, o mar acostuma a estar embravecido, revolto, rompendo nos cantís estáticos e verticais, impoñentes e fronteirizos. O inmenso Océano Atlántico loita na batalla milenaria co seu rival, e ao mesmo tempo veciño, Mar Cantábrico".

5 de Febreiro de 2009
"O Val da Soneira ergueu coas pedras do seu ventre o fogar dos Moscosos de Altamira, atalaia onde o horizonte se perde de vista cos solpores ensanguentados dos confíns da terra".

3 de Agosto de 2010
O pasado San Xoán da Coruña
"Xa pasou a noite meiga, na que se avivaron as chamas ante o ardente solpor da víspera de San Xoán e baixo a sombra impoñente da Torre da Crunia, a do Faro máis vello".

17 de Novembro de 2009
Ceibemos o Xallas!
"Dende as milenarias i escachadas pedras do alto da enseada do Ézaro contémplase a fría morte do Xallas no mar. Os feros corvos enloitan o ceo dos solpores dos confíns da terra".

23 de Setembro de 2010
O legado de Mariñán
"Mergullámonos na historia ó chegar a Mariñán, -inmersos no Concello de Bergondo-, i en concreto na Quinta de Bergondo, máis coñecido por Pazo de Mariñán, unha xoia da nobreza galega".
2 de Xullo de 2010
A mítica Terraza de Sada
"Este edificio sito a carón da beira do mar da ría de Sada, é un claro exemplo de arquitectura modernista ou Art Nouveau, e foi construído por Antonio López Hernández a comezos do S.XX".

12 de Agosto de 2010
Buño dos oleiros
"Do barro moldeado coas mans nacen pezas que noutros tempos resultaban imprescindibles, e Buño era a escola dos oleiros, sen dúbida, o pobo alfareiro máis importante do país Galego".
14 de Outubro de 2011
"Nesta cálida tarde outonal deixámonos caer coma follas secas nos xardíns que engalanan a vella Igrexa de Santa María de Cambre, a carón do Río Mero e inmersos de cheo nas Mariñas de Frade".
22 de Maio de 2008
A Moa, o vello xigante de pedra
"Na fermosa e pequena vila do Pindo érguese, a 630 metros de altitude, o impresionantemente vertical monte da Moa, unha paraxe chea de historia e lenda que obsequia de amenceres ó Fin da Terra ao longo dos séculos".
4 de Setembro de 2008
Separados polo mesmo mar
"O Mar significou dende sempre o sustento e a propia vida para as familias que habitaron ao longo do tempo fronte ao mar máis bravo do País Galego".