venres, 17 de outubro de 2008

Navia de Suarna



O tempo e o Río Navia foron sepultando ó seu paso as pedras que conformaban o Castelo do Conde de Altamira logo de ser derribado nas Revoltas Irmandiñas, aló polo ano 1467. A súa xigantesca ponte medieval foi o cordón umbilical entre os veciños que habitaron as súas ribeiras ao longo da historia da fronteiriza vila de Navia de Suarna. Este lugar con longa tradición de pesca fluvial limita ao norte con Asturias e ó leste con León. Os seus veciños ollan ó río e, nas tabernas, os cazadores conversan encol de vitoriosas batidas. Cheira a fume de lareira ó percorrer as rúas e, o día da feira, unha gaita dá o comezo mesturada co recendo e o axetreo da pulpeira. O outono é un bo momento para coñecer este máxico lugar, observalo curso do río que osixena as terras de Navia, e disfrutar da ledicia e paz que se respira. Os lobos ouvean ó luar dende os altos i escarpados montes da Comarca dos Ancares, e as voces que dende os mesmos vales denunciaron as inxustizas e o asoballamento que sufreu o chan dos Galegos, eran os ecos que de novo semella que volven resoar, Fuxan os Ventos. Como xa teño comentado na entrada anterior, este mítico grupo de músicos retornan pra bate-lo puño sobre da mesa e pra deixar voar a súa música e as súas letras. Déixovos cunha das súas máis míticas letras:

"Por unha noite de séculos
corrian tres feros galgos,
tres feros galgos da noite
afiados coma dardos.
Un lobo de ollos de lume
tras deles iba avanzando;
levaba luz nos seus ollos,
luz de días agardados.
Entrando en terra de soños,
iban os soños cantando;
Corre, lobo de esperenzas,
brinca muros e valados,
que eses tres galgos de noite
queden vencidos e escravos.
Ponte de luz as estrelas
con nova forza alumaron;
os galgos corrian ben,
mais o lobo iba eirado
e nun recanto de lume,
matounos de tres zarpazos.
E os rios cantaron a coro
un canto nunca cantado,
o horizonte abríuse en cantígas
por un craro navallazo,
e u ceo foi outra vez
un ceo azul e mais branco"

O Lobo


7 comentarios:

Dorian dixo...

Fermosa entrada, irmán.
Con razón os lobos aparecen tamén no escudo de Navia, xunto ó castelo e á ponte.
Espero que visitemos doutra volta esa fermosa vila agochada no confín dos Ancares.

a dixo...

Ola

Fermosa foto..,si señor!.
O poema quédome con:

Corre, lobo de esperenzas,
brinca muros e valados,
que eses tres galgos de noite
queden vencidos e escravos.

un saúdo de "Fulares".

O Mouro dixo...

Boas:
Amigos Xoán e Asun, os lobos sempre simbolizaron frialdade e terror, i este lobo que nos mostra a letra da canción de Fuxan, tamén marcou un tempo moi negativo para a nósa Galiza, i en concreto para eses tres galgos, que non eran outros que Rosalía, Curros e Pondal. Respecto ao lobo...xa vos podedes imaxinar de quén se trata. Saúdo e saúde.

Belén dixo...

Ola Mouro!
Xa ves, aqui disfrutando das miñas "mini-vacacións", e como non teño nada q facer vou aproveitando para ir lendo o teu fermoso blog...Por certo, mandeillo a dóus profes meus de galego da escola de idiomas de ferrol, ...espero q o divulguen e pasado un tempo non des feito contestando as mensaxes, jeje
Como non todo han ser flores digoche que botei moito en falta un correo-e teu de contacto(no teu perfil non o atopei)...nel a xente podemos enviarche fotos, ou poesías, ou textos ou música, para o blog. Sen máis, unha aperta
Belén Arenas

o mouro dixo...

Benquerida Belén:
Alégrame moito recibir un comentario teu. Primeiro, grazas pola promoción do blogue e terei en conta a idea de colgar unha dirección de correo...espero que sexas a primeira en enviarme algo. Un saúdo e pasao ben nas vacacións.

Anónimo dixo...

Ola!encantoume a poesia!sintome moi orgulloso por ser de navia de suarna!e a verdade é que é unha terra preciosa con moito misterio e maxia!sintome moi aferrado a este pequeno pobo,aquí teño moitos bos recordos cos meus amigos cando facíamos as nosas pequenas festas ao son do rio ata ben entradiña a noite.Resalto e sempre recordarei estas noites tan especiais!mentres compartiamos unhas cervexas entre falares e risas,tiña o oscuro sentimento de que a noite me atrapaba!e era una sensación indescriptible,o ladre dun can,o canto da curuxa creaban un ambiente totalmente maxico.daría o que fora por bolber a repetir esas noites nas faldas dos ancares e do meu precioso pobo como e navia.un saudo.

Iván Fraga dixo...

Benvido a esta fraga e gracias polo teu comentario. Non te podes imaxinar o que daría por ter moitos comentarios como o teu. Alégrame moito saber que estas unido á tua terra, a eses bravíos e mudos Ancares, a aquelas noites en Navia de Suarna. Voltarei a Navia e ós Ancares, pois cando pisei esas terras por vez primeira aínda era un adolescente aventureiro coas ideas pouco claras e un desastre coa fotografía. Débolle moitas entradas e moitas fotos á tua terra.
Até sempre, un pracer!